Saída: Illa de San Simón, roteiro Castelao por Pontevedra e visita ao Museo.

Nada mellor que despedir o Club 21-22 cunha saída. Imos, por fin, coñecer mundo.

Saímos de Ribeira ás 8:30 e chegamos ás 10:00 h. ao porto de Vigo. Ás 10:15 saímos cara a Illa de San Simón, acompañados en todo momento polo noso guía Anxo.

Ás 11:00 estabamos desembarcando neste ídilico e paradisiaco lugar. O noso guía respostou a todas as nosas preguntas e fíxonos un percorrido pola illa explicándonos a súa historia e o uso dos edificios ao longo dos anos ata a actualidade.

Despois comemos en Pontevedra e fixemos un roteiro por Pontevedra, visitando os espazos onde Castelao desenvolveu a súa vida.

Tamén entramos no museo e vimos unha exposición sobre a represión franquista.

pasámolo xenial.

Grazas leriadour@s pola vosa participación e, como, non ás profesoras que levaron o club adiante.

Un xuño de cómic

Chegamos xa á última actividade do club que adicamos á lectura do cómic. Mercamos gran varidade de cómics, tanto en galego como en castelán. Aproveitamos, ademais as novidades mercadas coa subvención do Grupo de Traballo da Biblioteca e a información xa dada na actividade feita ao principio, A mansión dos Pampín. Así, repasamos os tipos de viñetas, os bocadillos e os seus apéndices, os planos e ángulos, as metáforas visuais , onomatopeias, xestos e liñas cinéticas.

Aquí vos deixo algunhas das novidades en galego:

Tamén adquirimos estupendos cómics en castelán:

Cada membro do Club elexiu un cómic e explicou ao resto dos compañeiros as súas características.

Abriuse un debate moi animado. A rapazada non parou de participar e, como non, tamén os profes.

Comenzamos explicando que cando as profes tiñamos a súa idade tamén nos gustaba ler cómics que acostumábamos chamar chistes, porque moitos dos tebeos eran de humor. Só había dous canais de televisión. Non había moito onde elixir, por eso era frecuente a lectura de cómic. Eran moi populares El capitán Trueno, Jabato, Conan el Bárbaro, Tintín, Rúa 13 del percebe o Mortadelo y Filemón.

Hoxe en día, ampliouse moitísimo a temática e temos adaptacións literarias, novelas gráfica, manga… de humor, políticos, ciencia ficción, biográficos…

A nosa rapazada elexiu dende manga, O corazón delator de Edgar Allan Poe, cómics de superheroes, Daredevil, ata os clásicos Lucky Luke ou Asterix.

Comentouse que a tan coñecida serie de animación os Simpson ten escenas baseadas en clásicos: O corazón delator, o Conde de Montecristo…

Outra alumna defendeu o xénero manga e amosou un gran coñecemento. Convenceu ao auditorio. Foi xenial.

Por suposto, acabamos falando moitísimo dos cómic de superheroes e o cine desde tipo. Pensemos en Marvel , por exemplo…

No cómic Os que levan o lume hai alguna escena gore, ollos fora, sangue, violencia… Esto levo a falar de Creepi, revista de medo. Relacionouse con pelis, series de televisión e novelas deste xénero tan de moda.

Varias rapazas leron os libros que trataban sobre anorexia e bulimia, Yo gorda e Comiendo con miedo. Manifestaron que lles encantaron e relacionáronno coa obra de teatro lida este curso, Marta ante o espello.

Así mesmo, falamos das pelis do oeste e relacionouse con cómics que tratan esta temática…

En fin, deu para moito e daría para bastante máis…Eran as 16:15 h. e non querían recoller para sair para a clase da tarde. ¡Menudo interés! Foi xenial

E para finalizar, mirade que ben saístes nas fotos:

Visita de Serafín Marcos

Novamente tivemos o gran placer de recibir ao músico e actor de Noia, Serafín Marcos. Nesta ocasión gozamos do seu espectáculo adicado ao autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán.

Tras unha breve presentación de Serafín, demos paso ao espectáculo. O de Noia fixo unha divertida biografía, onde non faltaron disfraces, música, pelucas, cantos, fotos, decorados…

Foi un estupendo reforzo ao xa tratado no club na sesión de abril.

Visita de Eva Mejuto.

O 4 de maio recibimos a agradable visita de Eva Mejuto, a autora do álbum ilustrado lido este ano no nos club. Explicou de onde lle xurdiu a idea de elaborar un libro con esta temática tan dura: os cárceres franquistas e a forte represión exercida contra os que ían contra a súa ideoloxía e os seus familiares e amigos. Comentounos quenes eran as madrinas ou lavandeiras: mulleres que axudaban aos presos lavando a súa roupa e tamén pasándolles alimentos e, arriscando ás súas vidas, correspondencia para as súas familias. Varios dos personaxes son unha homenaxe a persoas reais.

O paxarillo bermello que aparece reiteradamente en moitas páxinas do libro simboliza a liberdade, a esperanza.

Comentou a presencia da cor bermella da ropa do neno protagonista.

Aquí vos deixo a charla:

A autora aclarou todas as nosas dúbidas. Foi amena e encantadora. Asinounos os libros:

Tamén se animou a sacar unha foto con nosoutr@s:

Moitas grazas, Eva, pola túa presenza.

Día das Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Igual que levamos facendo estes anos, sempre lle adicamos unha actividade ao homenaxead@ co Día das Letras Galegas.

Este ano tivemos que mercar case todo, pois non había case nada sobre a vida e a obra deste autor.

Con eses novos materiais fixemos esta imane interactiva:

Estes libros tiñen un lugar especial na biblioteca, non expositor que hemos para este día.

Tod@s lemos e comentamos a breve biografía de Tania Solla.

Despois fijemos algunas das actividades que había nunha unidade didáctica que acompañaba á carteleiría sobre a vida e a obra de Florencio que está colgada na entrada do centro.

A actividade foi realizar unha antoloxía con poemas seleccionados dos seu catro libros. Todos eles ían organizados por temáticas (Valdeorras, os seus viños e as súas paisaxes; bailes e música…, o amor; crítica social; defensa da língua galega, o exilio…).

Álbum ilustrado: A lavandeira de San Simón de Eva Mejuto

Eva Mejuto

Fixemos unha lectura conxunta deste álbum ilustrado na biblioteca. Explicamos as súas características .Analizamos tanto o contido escrito (represión franquista, as madrinas ou lavandeiras…) como as ilustracións (uso da cor, personaxes, expresións dos rostros, a roupa, metáforas visuais, …). A rapazada tivo como guía o seguinte tríptico onde se recolle vida e obra de Eva Mejuto e preguntas sobre A lavandeira de San Simón:

Cine e Literatura, magnífica parella: A lingua das bolboretas.

Non podía faltar no nos club este binomio, sobre todo porque este ano a temática da nosa biblioteca é CINEMA PARADISO.

Comenzamos cunha selección de libros (novela, teatro, cómic, manga…) que foron levados ao cine. Aproveitamos o feito polo grupo de traballo da biblioteca.

Aquí vos deixo unha foto con algún dos meteriais:

Falamos sobre libros que os Leriadour@s leron que temen película. Sobre todo destacaron: Harry Potter, Las Brujas, Charlie y la fábrica de Chocolate y Matilda.

Ante de ver a peli, demos unha breve información:

Versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro ¿Que me queres, amor?

José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.

Moncho non quere ir ó colexio porque teme que o profesor lle pegue, como era habitual na educación da época. Pero o seu mestre non é así, xa que Don Gregorio, utiliza o método de observación como ensinanza. Durante estes sucesos, estanse librando batallas preto de Madrid. Don Gregorio ensínalle moitas cousas a Moncho, principalmente fálalle sobre a liberdade. En consecuencia, cando os franquistas gañan a guerra, levan presos varios republicanos nun camión. No camión, atópanse varios amigos e coñecidos do lugar, pero tamén estaba Don Gregorio. Os pais de Moncho, en especial a súa nai, exhórtano a que berre cara ós republicanos, deixando clara a súa postura política. Comezou a berrarlles Roxos! Asasinos!, como facían o resto, pero ó cabo, marchou correndo detrás do camión dicíndolle a Don Gregorio Tilonorrinco! e Espiritrompa!, que eran cousas que aprendera del nas súas clases.

A continuación vimos a película en galego A Lingua das bolboretas.

Aquí deixo vos o tráiler:

Voltamos falar da represión franquista.

Gustou moito a peli.

Marta ante o espello, Teresa Calo Fontán

Os leriadour@s leerán na casa está breve obra de teatro.

Preparamos un pequeno decorado con elementos que aparecen na obra:

Nesta actividade empregamos támén unha ficha con información que nos servia de guía para levar a cabo esta sesión. Aquí vola deixo:

Tamén lles falamos de diferentes libros e películas que trataban estes temas:

Entablouse un diálogo moi animado. Resultou que todos e todas tiñan amig@s con algún problema de anorexia e bulimia. Decoñecían cales eran as diferencias entre anorexia e bulimia. Falamos bastante diso: Proxectamos a seguirte fotografías:

Tamén vimos este breve vídeo:

Samaín: Historias de medo

Comenzamos con este maravilloso vídeo da nosa artista do Club.

Que medo!

Decoramos a Biblioteca e todo o Centro para o Samaín. Fixemos unha exposicións de materiais para meter medo, disfrazamános e, sobre todo, seleccionamos textos. Entre eles, O corazón delator de Edgar Allan Poe, O Bieito de Rafael Dieste ou El almohadón de plumas de Horacio Quiroga.

Aquí vos deixo O texto deste último conto:

Fai clic para acceder a plumas.pdf

Mirade que chulada:

Día contra a Violencia de Xénero

Loitemos contra a Violencia de Xénero

Preparamos a biblioteca con manteis lilas, unha exposición de materias que tratan a violencia de xénero e un escenario para ser os poemas.

EXPOSICIÓN DE PELÍCULAS que tratan esta temática

Tras a comida, dirixímonos á entrada do centro e visitamos o vestíbulo que está decorado con diversas portas, metáfora de que hai saída a esta dura situación. Hay ESPERANZA.

Baixo a árbore da entrada cantamos La puerta violeta de Rozalén.

A partir de aquí, facemos unha reflexión sobre a violencia de xénero e vemos un vídeo centrado na figura de Frida Kahlo e u dos seus cadros.

Xa de volta á biblioteca empregamos esta selección de poemas feita por Normalización lingüística. Aquí Volos deixo: