Hoxe temos sorte porque o día é moi axeitado para facernos unha foto ao aire libre. Despois de comer saímos tod@s ao patio.
Hoxe temos sorte porque o día é moi axeitado para facernos unha foto ao aire libre. Despois de comer saímos tod@s ao patio.
Ola a tod@s!
Este próximo luns, día 30 de outubro, teremos a primeira reunión deste curso do noso club de lectura. Tod@s aquel@s que estades apuntados tedes unha cita na biblioteca ao rematar as clases na sesión de mañán. Xuntarémonos alí as 14:30. Logo de xantar falaremos sobre as primeiras lecturas deste curso, antes de volver a retomar as clases pola tarde.
Non faltedes.
Ata luns!!
Xa pasou un mes desde que comezamos as clases deste novo curso e queremos darvos a benvida, e presentarvos, o Club de Lectura 2017-2018.
Xa abrimos o prazo para inscribirse nel e xa temos un montón de solicitudes, así que se queredes participar vinde canto antes pola biblioteca para anotarvos.
Para os que sodes nov@s no insti, ou non participastes outros anos, as reunións do Club son unha vez ao mes. Reunímonos os luns entre as 14:30 e as 16:30, quedando a comer ese día no insti e así podemos comentar e intercambiar impresións sobre o libro que nos tocase ler ese mes. Ao final de curso facemos unha excursión, e antes moitas máis actividades interesantes.
De todas elas iremos informando neste blog.
Aínda dubidas se anotarte ou non? Pásate pola biblio e che informamos. Pero data présa, que as prazas esgótanse!!!!
Ola a tod@s!
Este é o noso novo blog do Club de Lectura LERIADOURO. Nel iremos informando de todas as nosas actividades. Agardamos que vos guste e que vos sirva para ir coñecéndonos.
Un saúdo
Os Leriadouros