Na reunión que tivemos a semana pasada decidimos que o primeiro libros que iamos ler este curso vai ser O ACHADO DO CASTRO de Manuel Núñez Singala. Queremos comezar así cunha obra teatral, aproveitando que a nosa biblio é puro teatro este curso. temos previsto xuntarnos para comentar e facer unha pequena representación da obra a finais de mes, seguramente o derradeiro luns.
Queremos darlles as grazas @compañeir@s do club de lectura Lareta e Laretiñas do IES Poeta Añón polo empréstito de 13 exemplares da obra de Manuel Ñúñez. Desde aquí mandámoslles un saúdo e esperamos seguir colaborando con el@s.
Esperamos que o Achado do castro vos guste a tod@s e xa vos contaremos cales foron as impresións.