Conxuntamento co departamento de lingua galega decidimos traballar a linguaxe do cómic porque lles resulta moi atractivo ao alumnado e temos moito material. Ademais, en lugar de mercar moitos cómics dun mesmo exemplar, enfocamos a actividade de xeito que cada participante elexise un diferente dunha exposición que montamos na biblioteca.
Aquí podedes vela nestas fotos:
Coa colaboración da profesora María Muñiz traballaron cos Astérix na aula.
Ao alumnado entregóuselle a seguinte actividade :
Posteriormente os rapaces e rapazas do club elexiron un cómic, traballaron as súas características e comentárono aos seus compañeiros.
Aquí podedes ver algúns dos cómics mercados este ano:
Esperamos repetir esta experiencia o próximo ano.
Grazas María pola túa colaboración.