VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Por fin chegou o día 13 de abril, día da saída ao Salón do Libro de Pontevedra. Temos concertadas dúas actividades. A primeira ás 10 da mañá para facer un percorrido de preto de dúas horas relacionado coa autora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, Mª Victoria Moreno. Magnífico guía, simpático, entretido e, sobre todo, cunha enorme paciencia. Imos visitando lugares  que estiveron presentes na vida e na obra da autora.

FOTOS DA AUTORA

 

PORTADAS DOS SEUS LIBROS

Todos eles podédelos consultar nun expositor que tendes frente o mostrador da bibliotecaria.

 

Aquí vos deixo o enlace con toda a oferta : Salón do Libro de Pontevedra

Aínda que ameazaba choiva, tivemos sorte e fixemos a ruta sen ter que abrir os paraugas.

Temos moitas fotos. Déixovos algunhas:

Tras un pequeno descanso, imos ao Museo de Pontevedra, onde realizamos a seguinte actividade:

  • Obradoiro-visita á exposición ‘Pintacuentos’: Unha extensa panorámica da ilustración mexicana actual con pezas de 49 ilustradores e ilustradoras, entre os que se atopan convidados: Gabriel Pacheco, Cecilia Rébora e Valeria Gallo. Integrada na  programación mexicana e ubicada no Museo de Pontevedra, o noso alumnado entre 13 e 15 anos realiza un álbum ilustrado breve, en formato acordeón: PINTOmeuCONTO, partindo da técnica do collage. Durante o proceso de traballo, coordinado pola artista e ilustradora Itziar Ezquieta, o alumnado fai a súa descoberta individual das obras da exposición ao longo de case dúas horas. A actividade comenzou ás 12h. e rematou ás 14 h. O xogo con frases e pistas foi entretido e pasou o tempo voando.

Temos algunhas fotos das ilustracións e dos álbumes aos que pertencían:

 

E por suposto da actividade de álbum ilustrado:

Queridísim@s participantes, agradecervos de corazón o voso entusiasmo na elaboración dos libros acordeón. Quedaron estupendos. E grazas á monitora pola súa entrega.

Comemos tod@s xunt@s. Tras o merecido descanso, cruzamos a ponte do Burgo en dirección ao Parque das Esculturas. Cómpre estirar as pernas…Pero non chegamos…

Chaparrón tremendo. Correndo para guarecernos da chuvia. Risas, moitas risas e tremenda molladura. Menos mal que o condutor salvonos de afogar co Tsunami…!!!

Tsunami

Tan amable foi o condutor, que para rematar o día con bo sabor de boca, levounos a unha área comercial. E tod@s voltamos a casa felices como perdices.