A CASA DOS PAMPÍN DE MIGUELANXO PRADO

          Preparamos unha exposición con libros de Miguelanxo Prado para coñecer a obra deste escritor. Moitos rapaces e rapazas xa conocían algunha obra deste autor. Comentamos brevemente a súa vida e a súa obra.

Cada leriadour@ colle algún dos seus cómics e comenta o que máis lle chama a atención dos seus debuxos.

Aquí tendes unha foto desta exposición:exppo m

Nesta exposición temos os seguintes títulos:

Portada del libro Fragmentos de la enciclopedia délficaStratosCrónicas IncongruentesManuel Montano / «El Manantial de la Noche»Quotidianí­a Delirante / IntegralTrazo de tizaPedro y el loboTangencias     Portada ArdalénPresas fácilesResultado de imaxes para A MANSION DOS PAMPIN

Empregamos como guía, unha ficha elaborado polo club de lectura do IES. Poeta Añón:

Guía de lectura A mansión dos Pampín

Comentamos os aspectos máis destacados do contido (Argumento, conservación do patrimonio, tipos de vivendas, corrupción urbanística…) e aspectos que teñen que ver coa linguaxe verbal e non verbal do cómic.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARNÉS LECTORES

     Tal e como fixemos estes anos pasados, a primeira tarefa que realizamos é crear cada un de nós o noso carné lector, onde iremos recollendo un resumo das diferentes actividades realizadas e as nosas impresión e suxestións sobre elas.

     Aquí podedes ver o proceso de elaboración dalgúns destes carnés:

carné

Guardar

Estrea do noso club

Este curso comezamos as actividades do noso club de lectura coa obra “A mansión dos Pampín”. A finais de outubro empezamos as nosas reunións mensuais para tratar, debatir e poñer en común as nosas impresións sobre o libro escollido. Como podedes ver as sesións que, coma sempre celebramos os luns ao medidodía na biblioteca do noso centro, foron do máis animadas.

Aquí tedes as fotos. Por certo, antes de despedirnos neste primeiro artigo, dicirvos que xa temos en marcha o segundo dos libros, pero xa vos informaremos del e do que vaiamos ideando para os seguintes meses, así que estade pendentes do noso blog.

 

LERIADOURO 2018-2019

Ola a tod@s!

Un ano máis poñemos en marcha o Club de Lectura LERIADOURO.

Logo de recoller as solicitudes para participar no club de lectura, xa estamos preparad@s para botar a andar, así que o vindeiro luns 22 temos xa a primeira xuntanza. Coma sempre vai ser ao rematar as clases ás 14:30, aproveitando para quedar a comer no insti e reunirnos antes de voltar de novo ás aulas  pola tarde.

Para que vaiades vendo por onde imos facer o percorrido lector deste ano, deixamos aquí o proxecto que temos pensado para este curso.

Por certo se aínda non te anotaches e queres facelo, non te cortes e pasa pola biblio para recoller o formulario de inscrición. Agardámoste!!!

Inscripcion