CONTOS PARA METER MEDO

4E7E606D-0797-4138-8C98-AA4FE36DBA4A

A  petición das leriadouras e  leriadouros facemos unha nova actividade adicada  a narrativa de medo e terror, en especial aos relatos breves.

Empregamos libros que tiñamos na nosa  biblioteca e mercamos outros para incrementar o noso fondo. Demos prioridade aos escritos en galego.

Se pinchades nos números sobre a cara do gran xenio do xénero, Stephen King, veredes algúns dos libros empregados:

Entre todas e todos falamos  das características comúns desde tipo de terror. Se tendes interés, pincha de no enlace:

Características do conto de terror

Sobre os andeis  baixos da biblioteca fixemos unha exposición. Cada rapaza e rapaz elexiu un libro que tiña que traer lido para a próxima sesión. Escolleu del o relato  que máis lle agradou.

Voluntariamente, os alumnos contaron ao resto as súa historias.

Neste enlace tendes unha das historias:

Relato do Sacaúntos