FEMINISMO

Word Art 3

O IES. Leliadora é un centro moi implicado contra as desigualdades de xénero e contra a violencia machista. Este ano traballamos activamente de maneira interdisciplinar. O profesorado creou un grupo de traballo para formarse sobre este tema. Dende a biblioteca tamén colaboramos  de varios xeitos. Así , aumentamos o número de fondos desta temática, tivemos unha maleta viaxeira, fixemos exposicións,… e dende o club de lectura traballamos o libro FEMINISMO ILUSTRADO. IDEAS PARA COMBATIR O MACHISMO de María Murnau e Helen Sotillo.

feexpo

Comezamos a actividade preguntando aos leriadouros que coñecían sobre o tema. A continuación organizamos aos participantes en grupos de dous ou tres persoas que traballaron un dos aspectos do libro:

Tamén se elaboraron outras actividades como un encrucillado, un damero ou relaciona.

Despois abrimos un animado debate.