NOVELA ILUSTRADA E CÓMIC

Xa vemos que vos gustou moito o traballo co libro A Mansión dos Pampín. Cumprimos os vosos desexos e voltamos cunha nova actividade sobre este xénero que combina varios tipos de linguaxes diferentes.

Esta vez cada rapaza e rapaz elexiu unha novela ilustrada ou cómic. Mercamos algunhas novidades. Aquí as podedes ver:

Cada leriadoura/o le individualmente o libro seleccionado, resume o seu contido e traballa algún dos aspectos explicados. Se pinchades aquí, poderedes ver os puntos traballados.

Uf! Que traballadores e traballadoras tan eficaces!

Nube de palabras cos términos traballados:

GLOBO3

Antón Fraguas

 

Adicamos esta actividade a Antón Fraguas, escritor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

DIA LETRAS ANTON Fjpg

Expoñemos durante  o curso escolar todos os libros que temos na biblioteca deste autor no lugar  adicado aos gañadores deste premio:

expfraguas.jpg

Pegamos nas paredes dun dos corredores do instituto dúas coleccións de carteis, unha preparada en colaboración con normalización lingüística e outra preparada pola xunta:

Seleccionamos dunha guía didáctica da Xunta, unhas preguntas sobre a vida e a obra deste autor e o alumnado tivo que buscar a solución nos carteis e cubrir as fichas:

  1. Completa nesta liña do tempo as datas máis importantes na vida de Antonio Fraguas. Para iso, debes procurar información na biografía e mais nos carteis (1905, 1924, 1928, 1933, 1933-1936, 1938, 1942-1950, 1950, 1959, 1975, 1976, 1992 e 1999).
  2. Antonio Fraguas ao longo da súa vida percoreu diferentes lugares da xeografía galega. Relaciona os concellos coas comarcas que lles corresponden e sinálaas no mapa. Hai algún destes concellos que hoxe sexa distinto?
CONCELLO COMARCA
1. Cotobade
2. Pontevedra
3. Santiago de Compostela
4. A Estrada
5. Lugo

mp

3. Olla a seguinte entrevista onde Fraguas relata as súas lembranzas e responde as preguntas:

Entrevista a Antonio Fraguas

a. En que lugar naceu Fraguas?

b. Quen substituíu na súa escola o catedrático de debuxo?

c. Quen o presentou para afiliarse ás irmandades da Fala?

d. Por que citaban en 1936 no xornal Faro de Vigo?

e. Que pediu cando entrou na Real academia Galega?

f. Na entrevista afirma: “Os que estamos vivos é por un verdadeiro milagre”. Que lles ocorreu aos seus compañeiros e compañeiras?

g. Fraguas ao final da súa vida gárdalle rancor a alguén?

4. A obra de antonio Fraguas está espallada en libros, revistas e xornais. Procura nesta siopa de letras o nome de tres publicacións nas que aparecen os seus primeiros escritos. Le a súa biografía para descubrires se se trata dun xornal, unha revista ou un volume colectivo.

A R Q U I V O S A S
E N T D U V B F O A
Q U O T D P L N X H
A E H S A C A Z R G
Z S B P A T H Q V I
X P O N S T X U E L
D G U I G P E I S P
R H V D I N O R R Ñ
T E X E U T M U R O
R E T P O L N H T A

1—————————————————–

2—————————————————–

3—————————————————–

5. Busca na rede títulos de obras de Fraguas que traten cada unha destas temáticas:

XEOGRAFÍA:

HISTORIA:

ARQUEOLOXÍA:

BIOGRAFÍA:

ETNOGRAFÍA:

 

6. No cartel 9 defínese a Antonio Fraguas como “bibliófilo”. Busca o significado desta palabra. Compara o número de libros que chegou a posuír cos que tes na casa. Que diferenzas atopas?

7. Fraguas encárgase da biblioteca do Seminario de Estudos Galegos e impulsa a creación dunha hemeroteca.

a. Que é unha hemeroteca?

b. Cres que era un labor doado no seu tempo? Compárao coa actualidade.

c. Por que cres que quixo impulsar esta hemeroteca?

8. Que é un museo antropolóxico? En Galicia hai museos destas características?

9. Procura na páxina web do Museo do Pobo Galego información sobre el.

Museo do pobo galego

a. En que cidade está?

b. A que se dedicou anteriormente o edificio do actual museo?

c. En que data comezou a funcionar como meseo? Quen o cedeu?

d. a carón do Museo do Pobo Galego está a igrexa de San Domingos de Bonaval, onde se pode ver o Panteón de Galegos Ilustres. Cita seis persoas que estean alí enterradas e investiga a que se dedicaron.

Aquí tedes algunhas fotos do alumnado traballando duramente: