PREPARANDO O SAMAÍN

Ola!!

Este luns tivemos a primeira reunión do Leriadouro 2019-2020.

Como vos dixeramos en artigos anteriores falamos do que vai ser o noso primeiro libro para este curso: Denébola a Roxa.

Pero sobre todo comezamos a preparar o Samaín. Despois dun xantar de medo dedicamos a sobremesa a transformarnos en personaxes que daban medo e a contar historias que poñian os pelos de punta!!!

Empezamos por ler entre todos historias terroríficas de Xabier Docampo. Continuamos dicindo que cousas eran as que nos daban máis medo a cada un…E para rematar a coordinadora do club e da biblio, Mercedes Solla, deixounos a tod@s co medo no corpo contándonos unha versión propia dun conto de Rafael Dieste.

Para que vexas o ben que o pasamos, aquí vos deixamos unha cuantas fotos desa xornada…para que vaiades collendo ideas para o Samaín de mañán pola noite!!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

PROXECTO CLUB DE LECTURA

Ola a tod@s!!!

Aquí estamos de novo para darvos a coñecer o proxecto LERIADOURO para este curso 2019/2020. No seguinte documento podedes atopar información sobre as actividades que temos programadas para este curso no noso club de lectura.

club lectura 2019-2020

Aproveitamos para lembrarvos que o vindeiro luns día 28 comezamos coas nosas actividades. Imos ter a primeira xuntanza para falar do libro Denébola a Roxa e contaremos coa presenza do seu autor, Héctor Cajaraville. Interesante non? Pois dádevos présa se que queredes participar porque xa quedan poucos días e poucas prazas. Pasade pola biblio e atoparedes máis información sobre como incorporarse ao club.

É moi sinxelo, así que animádevos.

Vémonos na biblio!!!

 

 

 

XA ESTA AQUÍ O LERIADOURO 2019-2020

Boas!

Benvid@s un ano máis ao noso Club de Lectura LERIADOURO!!

Unha vez posto en marcha este novo curso 2019-2020, imos comezar tamén a andainado noso Club de Lectura.

Así que xa vos anunciamos que o vindeiro luns 28 de outubro teremos a nosa primeira reunión. coma sempre será a partires das 14:30, á hora do xantar. Ademais de explicarlle aos novos membros o funcionamento do club, aproveitaremos tamén para darlles a coñecer o primeiro dos libros que imos ler.

Seguro que vos estades preguntando cal é…Pois nada, xa volo anticipamos. Vai ser “Denébola a Roxa”, escrito por Héctor Cajaraville. Por se non o sabedes o autor é compañeiro noso este ano, así que imos contar con el para que nos fale máis polo miúdo deste libro e de todos aqueles outros dos que el nos queira contar. Xa vedes, unha boa oportunidade para coñecer máis a fondo o traballo dun escritor.

Pásate pola biblio e anótate se queres participar con nós en todas as interesantes actividades que temos pensadas para este ano. Dáte présa antes de que se esgoten as prazas!!!

Lembrade: Vémonos o 28!!!