O Club do 25N

Ola!

Este pasado luns 25 os Leriadour@s sumámnos aos actos que se celebraron no noso centro para lembrar a loita contra a violencia machista. Pola nosa parte tamén quixemos aportar o noso gran de area e decidimos adicar a nosa reunión do mes de novembro a desenvolver actividades que nos concienciasen a tod@s na loita para erradicar as violencias contra as mulleres, unha lacra da sociedade actual coa que temos que acabar.

Comezamos coa lectura de poemas, en galego e castelán, que falaban da loita contra a violencia machista e tamén da necesidade de acabar coa desigualdade de xénero. A continuación as profesoras Marusela e Mónica montero cantaron a dúo “A porta violeta”, versionando a Rozalem. Para acabar @os alumn@s fixeron os seus Pasaportes Leriadouros 2020, nos que ademais dos seus datos, xa engadiron o primeiro dos portos polos que pasarán este ano: debuxaron portas que representaban esa “porta Violeta” da canción e todas esas portas que nos leven a saír de, ou a deixar pechada, calquera tipo de violencia.

Para que poidades ver o que fixemos este día 25 aquí tedes unha cuantas fotos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Ata a próxima!

Club de lectura de Ribeira

Bo día!

Hoxe queremos informarvos non de nós, senón dos nos@s compañeir@s do club de lectura para adultos que vén funcionando en Ribeira desde hai uns anos.

A nova é que o vindeiro martes 3 de decembro vai estar con el@s o escritor Xosé Monteagudo para falarlles da súa obra “TODO CANTO FOMOS“.

descarga monteagudo

A xuntanza farana, coma sempre, no Ateneo Valle Inclán, do Bar Plaza a partires das 20:30.

Desde aquí queremos mandarlles os nosos parabéns por levar a cabo esta iniciativa de fomento da lectura a animalos a seguir moitos anos máis.

Unha aperta para os nos@s amigos do club de lectura de adultos!!!

 

25 novembro contra a violencia machista

Ola!

Xa estamos preparando a nosa xuntanza deste mes. Toca o día 25 así que que mellor que tratar a importancia de loitar contra a violencia de xénero.

A violencia machista é unha lacra da nosa sociedade que entre tod@s temos que loitar por erradicar. Por iso ese día cando nos xuntemos @s que participamos este curso no club Leriadouro imos desenvolver unha serie de actividades para concienciarnos da importancia que ten que todos loitemos contra a violencia contra as mulleres.

Ademais de debatir sobre o tema, imos facer lecturas conxuntas de textos que tratan sobre el e para rematar veremos unha curta “La historia de Pepe y Pepa“.

Tedes tempo aínda para anotarvos ao noso club. Tamén podedes acudir ese día e participar con nós nunha actividade de tanta importancia na concienciación da nosa sociedade.

Agardámosvos!!!