ZIGGY STARDUST

Ola!!

Pasado o Entroido voltamos para informarvos das novas do noso club.

Coma todos os meses , en xaneiro e febreiro tivemos as nosas reunións para falar, como non de lectura, pero tamén de moitos outros temas.

Nesta ocasión as nosas conversacións xiraron ao redor do libro “Mamá quero ser Ziggy Stardust”

Para preparar a lectura do libro, en xaneiro fixemos unha primeira achega ao tema. Descubrimos, non só quen era Ziggy Stardust, senón tamén que tipo de música se relaciona con este tema e que outras películas ou novelas hai que poidan tratar a mesma problemática.

Así poidemos coñecer a David Bowie, a T-Rex, e tamén a Billy Elliot e…moitos outros personaxes que sería longo de citar a tod@s.

Por aquí vos deixamos imaxes das nosas reunións e coma sempre animarvos a que leades este ou outro libro que queirades.

E por último aquí vos deixamos enlaces interesantes para que vos mergulledes máis no mundo de Ziggy Stardust

David Bowie

O rei do glam

What do you want to do ?

New mailCopy