Club Lectura 2020-2021

Ola a tod@s!

Un ano máis estamos aquí de novo para comezar unha nova experiencia do club LERIADOURO

Como sabedes este curso non imos poder levar a cabo moitas actividades fóra do horario lectivo por mor da pandemia. Pero no Leliadoura queremos seguir co noso club e aproveitar para xuntarnos e intercambiar opinións, comentarios e risas sobre aqueles libros que nos gusta, ou nos gustaría ler. Claro está que non debemos esquecer ter sempre a máscara posta e gardar a distancia sempre.

Este pasado luns 30 tivemos a nosa primeira xuntanza. Logo de tres semanas nas que se foron apuntando @s interesad@s en participar, reunímonos cos novos 27 Leriadouros e xa planificamos a seguinte sesión do club para o luns 14, antes de tomarnos unha merecidas vacacións de Nadal.

En próximas entradas deixarémosvos informaciòn sobre o proxecto deste ano e tamén as novas das vindeiras xuntanzas. Por agora aquí tedes fotos da primeira