ASTÉRIX E CLEOPATRA

Este título de Astérix foi o elexido para inaugurar as lecturas do club deste ano.

Fíxemos unha lectura conxunta comentando as características tanto lingúísticas como visuais.

Moitos e moitas xa coñeciades aos protagonistas deste cómic. Falamos deles e das súas peculiaridades.

ASTÉRIX

Espíritu astuto e intelixencia viva. Astérix non é un culturista con impresionante fisico, pero sempre se arriesga en todas as misións perigosas que lle son confiadas. Recibe súa poción máxica do seu druida Panorámix que lle dá unha forza sobrehumana que lle permite escapar das peores situacións. Astérix é baixo de estatura e delgado. Ten cabelo loiro e grandes bigotes. Sempre porta un casco alado e leva unha camiseta negra sen mangas, pantalóns vermellos, zapatos marróns e un cinturón verde no que porta por un lado a súa espada e polo outro en ocasións porta unha cantimplora de poción máxica.

OBÉLIX

Posúe unha forza sobrehumana porque, de pequeno, caeu na marmita en que Panorámix preparaba a poción máxica, que sirve aos da súa aldea para manter a raia aos romanos. Aínda que os efectos da poción son temporais en aquelas persoas que a beben, no caso de Obélix a sobredose a corta idade fíxoos permanentes. El non pode volver beber desa poción, xa que os efectos secundarios son terribles. Na súa viaxe a Exipto para ayudar a Cleopatra, foi posible ver que, con apenas mollar os beizos coa poción, a súa forza aumentou ao grado de poder perforar as grosas paredes das pirámides.
Grazas á súa extraordinaria forza, convertiuse no tallador e repartidor demenhires da aldea gala na que habita, polo que é común velo pasear por ela cargando un no seu lombo sen ningún esforzo.
A súa frase máis famosa é «Están tolos estes romanos». Come moitísimo e a súa comida preferida é o xabarín. ten un can que se chama Ideáfix.

PANORÁMIX


É o druída da aldea e o único capaz de fabricar “a poción máxica”, cuia fórmula se transmite solamente “de boca de druida a oído de druida”, e coa que os aldeanos obteñen unha forza sobrenatural. É alto, de complexión delgada, leva unha longa barba branca, vai vestido de branco cunha capa vermella e normalmente se lle ve portando un fouciño de ouro.

IDEÁFIX



En realidade non é unha «persoa», senon un can branco. Concretamente, o de Obélix. É coñecido polo seu carácter ecoloxista, ao chorar desesperadamente ao ver como se derruba unha árbore, é por esta causa que o seu amo Obélix deixou de tirarlles árbores aos romanos.

NUMEROBIS



Arquitecto alérxico aos crocodilos, incluso sagrados.

Numerobis é o “mellor arquitecto de Alexandría», o que, segundo Cleopatra, non é gran cousa”. E crémola, xa que os edificios bamboleantes, de arquitecturas de tendencia cubista, construídos por Numerobis , parecen estar sempre a punto de desplomarse e virse abaixo. Este arquitecto sen talento (a moeda utilizada naquela época en Exipto) revolucionaría os usos en curso durante a súa profesión. Aproveiando a famosa poción máxica do seu amigo Panorámix, realiza verdadeiros avances sociais (disminuindo o número de latigazos considerados para mellorar a productividade dos obreiros) e introduce a arte exipcia na modernidade renunciando ás formas puntiagudas da era das Pirámides.

PALETABIS

Un malvado e ambicioso arquitecto exipcio quen está celoso por no ser o elexido por Cleopatra, polo que decide a toda costa facer que Numerobis non logre a súa misión, comenzando con incitar aos obreiros de Numerobis a facer unha folga polas condicións laborais, o que se soluciona coa poción máxica de Panoramix. Sen embargo, Paletabis manda a sú man dereita, Tornabis, a pagarlle ao xefe da caravana para que non traia o cargamento de pedras necesarias para construir o palacio e as tire ao Nilo. Sen embargo, o xefe da caravana termina confesando a sá felonía grazas ás palizas de Obélix.

Resaltamos os elementos históricos que aparecen no cómic: quenes eran Cleopatra e Xulio César; quenes eran os galos; que é un druida, un bardo; monumentos como as pirámides, a esfinxe o Faro de Alexandría; a escritura xeroglífica dos exipcios; deuses latinos, exipcios e galos… En fin, aprendemos un montón de datos sobre os exipcios.

Tamén analizamos os anacronismos que aparecen neste cómic.

Despois vimos a película Astérix y Obelix. Misión Cleopatra e analizamos as diferencias entre ambos xéneros.

Se vos divertistes con esta lectura, tedes moitos máis desta serie onde elexir: